Todos coñecemos as posibilidades picasa ou GIMP para darlle un efecto creativo final a unha foto, pero chegou hai pouco PicMonkey que é un editor de imaxes gratuíto online.
Seguro que se converte nunha boa alternativa ao servizo que ben de pechar chamado picnick e recollerá a moitos dos seus usuarios.
Dispón
de moitas ferramenta para retocar as
imaxes, dispón por suposto das opcións básicas comúns a outros programas como son cortar, xirar,
axustar brillos, cambialos ás intensidades ás fotos....etc
Ate o de agora non é necesario rexistrarse e é unha boa ferramenta en liña para todos aqueles que non queren
utilizar programas de escritorio para facer retoques ás imaxes ou que editen as fotos desde unha tableta. Con certa frecuencia ten novas incorporacións de texturas, cores, efectos...etc.
Eu estouna recomendando na aula ao meus alumnos para dar un efecto creativo final ás fotos rápida, efectiva e intuitiva, convertíndose nun execelente complemento a GIMP, xa que non me acaban de vonvencer os filtros que trae demasiado
Aquí deixo un vídeotitorial que fixen para os alumnos.
e-learning____web 2.0____ blogger____slidecast_____ vídeoslide_____vídeotitoriais
Extraer as imaxes dun documento de texto
Unha amiga comentoume un problema. Non sabía onde estaban as fotos orixinais dun texto, xa que as tiña desperdigadas por carpetas diferentes do seu disco duro e precisaba recuperar as imaxes. O texto tiña demasiadas imaxes como para facelo unha a unha e non sabía como extraer as imaxes dun documento de texto....pero como podemos extraelas?
Nunca o pensara nunca, pois non se me dera a situación antes.
Como comentaba unha solución, se son pouca é unha por unha, copiando e pegando nun editor de imaxes e gardándoas...pero leva tempo. Porén.... hai unha solución sinxela á vez que orixinal: gardar o arquivo como páxina web. Desta forma créase un cartafol que contén todas as imaxes numeradas en orde de aparición, no seu formato e calidade orixinal. Toma xa! o truco do almendruco do día!.
Aquí tedes un vídeo titorial, por se acaso aínda non o vedes:
Entornos persoais de aprendizaxe
Aqí deixo unha presentación sobre este concepto que o explica moi ben, e para que divagar eu...?
Imaxes de libre distribución
Somos moitos os profesores e blogueiros que empregamos imaxes para ilustrar as nosas presentacións dixitais e os nosos post.
Isto está xenial pois axuda ao lector a centrar gráficamente a atención sobre o que falamos, pero... ollo! non todo o que atopamos na rede é gratuíto. Moitas fotos teñen un autor e non deberíamos empregar as súas obras sen consentimento expreso. De non facer isto, incluso poderíamos incurrir nun delito en contra dos dereitos de autor. Ademáis de que os que traballamos na profesión de educación igual que citamos un libro ou un autor, debéramolo facer tamén coas imaxes que empregamos (ou calquera outro recurso audiovisual)
Tranquilo!, que non che entren os suores fríos.... hoxe en día existen varias páxinas nas que podemos conseguir doadamente imaxes de libre distribución de xeito totalmente gratuíto. (Aínda que en moitos casos tamén debamos citar ao seu autor)
A continuación tedes unha recompilación dos mellores sitios de imaxes libres gratuítas na rede.
Stock.xchng seguramente sexa o sitio onde máis imaxes de libre distribución podamos conseguir, é a miudo atoparás o que buscas.
Free Stock Photography é outro bo sitio onde atopar imaxes empregando o motor de procura ou a través das categorías nas que están organizadas.
Open Stock Photography ofrece grandes posibilidades. Entre as súas opcións está a procura por cores. (cousa que tamén fai google images)
Photogen é outro gran sitio onde poderás atopar o que buscas e incluso puntuar e comentar cada unha das imaxes.
Undprofound tamén dispón dun buscador de imaxes por cores e dun buscado.
Free Photos Bank ofrece a opción de descargar as imaxes comprimidas nun arquivo Zip.
FreePixels ten imaxes de gran calidade ás que poderemos acceder de xeito moi sinxelas tanto por categorías, etiquetas ou polo motor de procura.
Everystockphoto ten a opción de poder ver a licenza de cada unha das imaxes facendo un simple click.
Stockvault non ten necesidade de rexistrarnose ten unha gran cantidade de imaxes de calidade.

Flickr .Algúns dos usuarios de Flickr soben as súas obras baixo unha licenza de Creative Commons. Pero bota un ollo ao tipo de licenza antes de empregala de calquera xeito...
Dende a páxina de Creative commons podemos buscar as imaxes cosn este tipo de licenza que se atopan aloxadas en Google images e en flickr.

No ITE do Ministerio de educación tamén podemos empregar o Banco de recursos para imaxes e sons. Abrindo unha conta, podemos colaborar co banco aportando as nosas imaxes e audio.
Isto está xenial pois axuda ao lector a centrar gráficamente a atención sobre o que falamos, pero... ollo! non todo o que atopamos na rede é gratuíto. Moitas fotos teñen un autor e non deberíamos empregar as súas obras sen consentimento expreso. De non facer isto, incluso poderíamos incurrir nun delito en contra dos dereitos de autor. Ademáis de que os que traballamos na profesión de educación igual que citamos un libro ou un autor, debéramolo facer tamén coas imaxes que empregamos (ou calquera outro recurso audiovisual)
Tranquilo!, que non che entren os suores fríos.... hoxe en día existen varias páxinas nas que podemos conseguir doadamente imaxes de libre distribución de xeito totalmente gratuíto. (Aínda que en moitos casos tamén debamos citar ao seu autor)
A continuación tedes unha recompilación dos mellores sitios de imaxes libres gratuítas na rede.
Flickr .Algúns dos usuarios de Flickr soben as súas obras baixo unha licenza de Creative Commons. Pero bota un ollo ao tipo de licenza antes de empregala de calquera xeito...
No ITE do Ministerio de educación tamén podemos empregar o Banco de recursos para imaxes e sons. Abrindo unha conta, podemos colaborar co banco aportando as nosas imaxes e audio.
Etiquetas:
CreativeCommons,
Imaxe
Youtube. Titorial completo
Youtube é un portal para colgar vídeos, pero tamén permítenos crear as nosa listas de reprodución a partir dos nosos vídeos ou dos que subiron outros usuarios, engadir anotacións ou subtítulos, editalos...etc. Aquí déixovos o vídeotitorial que fixen. Está moi completo e por capítulos podedes ir vendo todas as posibilidades que poderedes aplicar na aula.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)