Este pasado mércores tiven a sorte de que me convidaran a pasar a tarde cos compañeiros do IES da Proba do Caramiñal. Pedíronme unha ponencia-obradoiro sobre o uso da técnica do chroma key na aula e ademáis puidemos conpartir un fabuloso café cun biscoito estupendo que deu pé a preguntas que tratarei de resolver en futuras entradas.
O chroma key (de agora en adiante croma) é unha técnica que xa ven do mundo analóxico e leva moito tempo no cine. Consiste en empregar un fondo verde ou azul que posteriormente, no proceso de edición, elimínase e substitúese por unha imaxen fixa ou vídeo.
Se nos remontamos a finais do século XIX, xa Mèliés empregaba pequenos trucos (enormes para a aquela época) como stop trick e pintar o celuloide con cores fotograma a fotograma. A comezos do século XX Petro Vlahos (encargado dos efectos especiais como Ben-Hur ou Mary Poppins) deu un salto de xigante cara a técnica que vamos a aprender aquí e comeza cos primeiros efectos de croma que se desenvolvían na fase de laboratorio. Link de ampliación
Por exemplo, na trioloxía da saga Star Wars había combinacións de técnicas de croma, pero tamén stop motion e efectos especias en directo. Tal e como podedes ver aquí e que responderá ás preguntas que vos fixéchedes de mozos cando todos disfrutamos da saga no cine e soñábamos con pilotar o falcón milenario (e algún pasarse ao lado escuro...?).
Na actualidade o proceso é un pouco máis doado e accesible para todos e faise de xeito dixital con ordenadores. Moitísimas producións incorporárono de xeito moi frecuente en películas e series e vendo o vídeo de embaixo fainos pensar que haberá de certo nas imaxes que vemos ás veces e o doado que sería enganarnos.
Nós como profes temos un recurso estupendo na elaboración de pequenos vídeos con croma pois permítenos inserir ao alumno,un grupo de alumnos ou a nós mesmos nun decorado estático (imaxe) ou en movemento (vídeo) que pode ser un cadro de arte, un país estranxeiro, un punto microscópico como É a célula ou xigantesco como o Sistema Solar, cambiar doadamente os decorados creados con debuxos dos alumnos para unha obra de teatro....ou ...upps! poderíamos estar así todo o post, polo que o límite é a vosa imaxinación e a dos vosos alumnos.
Froito da miña experiencia, agora mesmo é moi cómodo facer este tipo de técnicas de tres maneiras diferentes que explicarei deseguido, o cal non quita que dentro dun ano, haxa novos programas máis baratos ou gratis e máis potente que desacrediten esta entrada a día de hoxe.
Din que unha imaxe vale máis que mil palabras, e se volo poño en vídeo... serán cen mil?. Decidide vós e aquí vos deixo a presentación sobre as tres técnicas que vos recomendo e coas cales fixen as vídeoleccións de meteoroloxía e que están funcionando moi ben cos alumnos.
Os que traballamos co vídeo como ferramenta educativa, estamos de noraboa. Youtube hai pouco engadiu (xullo do 2012) unha ferramenta á edición dos vídeos subidos a súa plataforma chamada "desenfocar as caras". Deste xeito podemos desenfocar ou difuminar as caras de aqueles alumnos que desexen gardar anonimato nos nosos traballos escolares. Aquí déixovos un exemplo no que podemos ver un vídeo subido á miña canle no que á esquerda vemos o vídeo sen filtro e a dereita co filtro de difuminado. Como podemos apreciar, funciona estupendamente. Por suposto, dá o mesmo que o/s noso/s suxeito/s se movan, o filtro plaícase alí onde detecte unha cara.
Youtube é un portal para colgar vídeos, pero tamén permítenos crear as nosa listas de reprodución a partir dos nosos vídeos ou dos que subiron outros usuarios, engadir anotacións ou subtítulos, editalos...etc. Aquí déixovos o vídeotitorial que fixen. Está moi completo e por capítulos podedes ir vendo todas as posibilidades que poderedes aplicar na aula.
Dotsub é unha ferramenta 2.0 que che permitirá a ti e ao resto dos usuarios compartir vídeos por internet.
A gran diferencia con youtube é que permite subtitular todos os teus vídeos favoritos pois ten unha ferramenta de creación de subtítulos moi doada (youtube te ermite engadir subtítulos, pero non crealos). Ademáis poden ser subidos polo mesmo ou outros usuarios distintos , e compartir os teus vídeos subtitulados con todo o mundo
Tamén che permite subtitular os vídeos en calquera idioma, e mesmo varios idiomas nun mesmo vídeo podendo chegar a acumular un vídeo 70 idiomas diferentes (teóricamente). Así podemos compartir vídeos con persoas de todos os lugares do mundo, independentemente do idioma que falen.
Podes engadir ao teu perfil os vídeos que prefiras, e así ter a túa propia colección de vídeos. Os vídeos subidos polos usuarios pódense clasificar por xéneros, o que permite unha mellor localización deste. Tamén contanse as visitas que recibe cada vídeo, o que te axuda a elixir, gozar e mesmo subtitular os máis visitados. Esta ferramenta está destinada principalmente a persoas con minusvalidez auditiva ou con problemas de audición, pero penso que é unha ferramenta incalculable para a educación ao poder traballar os idiomas ou salvar a barreira idiomática da información.
o programa dragon 10.0 é un software que nos permite pasar a nosa voz a texto escrito. Navegar pola rede coa nosa voz...etc.
Evidentemente, as aplicacións que pode ter para uso docente ou na produción científicapoden ser enormes. Se este software ademáis o combinamos cun dispositivo de micro inalámbrico ou" wireless" o resultado pode ser moi efectivo (demo no vídeo de emabixo)
Imaxinade tomar apuntes transcritos directamente dende o lugar onde facedes as observacións de laboratorio, no microscopio, na poiata do laboratorio, lendo artigos e empregando as dúas mans para suxeitalos e levalos á altura da vista e non ter que andar encorvados..... e un longo etc
Aplicado a clase??.
Se nos colocamos os cascos inalámbicos no pescozo e deixamos o micro activo....poderíamos.ter un podcast de cada clase que demos, .......un vídeocast sincronizado da presentación powerpoint que empreguemos na aula coordinada ca explicación do audio, ter transcripción ao momento da explicación que demos na clase... e se damos unha clase nunha aula que teña ordenador e altofalantes, a posibilidade de falar a través dos altofalantes para que o público nos escoite mellor....en fin...os límites que os poña cada un.
A miña experiencia persoal co Dragon 10.1 : despóis de dúas semanas probándoo, o resultado é abraiante, podo pasar 10 carillas a interlineado sinxelo, fonte 11 en somentes 2 horas....que tipógrafo experto alcanza esas volicidades??. Hai que correxirlle palabras que trabuca, pero cunha taxa moi cativa. Podemos engadirlle léxico novo ou incluso listas enteiras de léxico novo e logo entrenalas ca nosa voz se queremos. Aqui vos deixo unha demostración que fixen para demostrar a súa efectividade:
Anímovos a probalo. Por desgracia, non hai versión gratuíta de proba. A boa nova é que non é excesivamente caro e a día de hoxe vale 99 eu . Se optamos pola opción con micro inalámbrico son 199 eu.
Tanto en blogger como noutras páxinas é preciso almacear os nosos contidos multimedia. Aquí se ofrecen solucións dos sitios máis importantes conxuntamente cos links:
Trátase dun software que permítenos interconvertir diferentes formatos de vídeo entre sí, descargar vídeos dende as plataformas de vídeo máis coñecidas como o Youtube ou extraer o audio dun vídeo.
Todo isto dende unha interface moi sinxela e intuitiva que é moi funcional pero sen grandes pretensións.
O software ten unha versión gratuíta totalmente funcional e compatible cun montón de extensións de vídeo, eso sí, ao final de cada traballo desprégase un panel que te suxire cambiar a unah versión de pago máis avanzada.
O Audio neste vídeotutorial escóitase moi baixiño, polo que vos recomendo que baixedes o arquivo orixinal dende O LINK: LINK: http://www.megaupload.com/es/?d=W5DZ5449
Neste vídeotutorial, se acendedes os altofalantes poderedes escoitar a explicación de ónde e como baixar os programas e como comenzar a descargar os vídeos de internet que vos interesen con fins docentes ( ou non). Un saúdo
Xaco
Unha pizarra dixital é unha pantalla que ten unha especie de rexistro de presión conectada a un ordenador. o ordenado a súa vez está conectado a un videoproxector que proxecta sobre a pantalla. Isto é falando en plata e para entendernos.
Se o dí Iñaki...por algo será.
Hai unhas cantas marcas de softw. posible para estas pizarras.
Eu propoño o software Smart, posto que é o que coñezo e co engadido de que María ten no sei insti unha pizarra dixital tamén con este softw (en espera de que nos den o proxecto e nola deixen empregar...), e a que tamén teño o prototipo de trivial que todos víchedes niste software.
Todos deberedes de baixar o software e instalalo nos vosos ordenadores ( ó igual que os outros recomendados). Polo de agora, mentres non teñamos licencia paar a derradeira versión podedes usar esta versión gratuita
Unha vez instalado, se queredes ver exemplos de presentacións de ciencias feitas por outros profes clicade aquí.