Mostrando entradas con la etiqueta Audio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Audio. Mostrar todas las entradas

Dragon 10. 0 combinado con cascos inalámbricos

http://spain.nuance.com/naturallyspeaking/
o programa dragon 10.0  é un software que nos permite pasar a nosa voz a texto escrito. Navegar pola rede coa nosa voz...etc.
Evidentemente, as aplicacións que pode ter para uso docente ou na produción científicapoden ser enormes. Se este software ademáis o combinamos cun dispositivo de micro inalámbrico ou" wireless" o resultado pode ser moi efectivo (demo no vídeo de emabixo)
 
 
Imaxinade tomar apuntes transcritos directamente dende o lugar onde facedes as observacións de laboratorio, no microscopio,  na poiata do laboratorio,  lendo artigos e empregando as dúas mans para suxeitalos e levalos á altura da vista  e non ter que andar encorvados..... e un longo etc
Aplicado a clase??.
Se nos colocamos os cascos inalámbicos no pescozo e deixamos o micro activo....poderíamos.ter un podcast de cada clase que demos, .......un vídeocast sincronizado da presentación powerpoint que empreguemos na aula coordinada ca explicación do audio,  ter transcripción ao momento da explicación que demos na clase... e se damos unha clase nunha aula que teña ordenador e altofalantes, a posibilidade de falar a través dos altofalantes para que o público nos escoite mellor....en fin...os límites que os poña cada un.

A miña experiencia persoal co  Dragon 10.1 :  despóis de dúas semanas probándoo, o resultado é abraiante, podo pasar 10 carillas a interlineado sinxelo, fonte 11 en somentes 2 horas....que tipógrafo experto alcanza esas volicidades??.  Hai que correxirlle palabras que trabuca, pero cunha taxa moi cativa. Podemos engadirlle léxico novo ou incluso listas enteiras de léxico novo e logo entrenalas ca nosa voz se queremos. Aqui vos deixo unha demostración que fixen para demostrar a súa efectividade:


 Anímovos a probalo. Por desgracia, non hai versión gratuíta de proba. A boa nova é que non é excesivamente caro e a día de hoxe vale 99 eu . Se optamos pola opción con micro inalámbrico son 199 eu.

Capturar o son da tarxeta gráfica ( o que escoitas polos altofalantes) co windowss vista


Levaba tempo que non podía usar a opción de gravar o son que sae polo ordenador .Esta opción permítenos grabar a música dunha radio de internet, dunha Tv online, dun xogo... etc e pode ter numerosas apliacións didácticas. 


Eu co "Juiindous" vista pulsaba sobre a gravadora de sons (Inicio>Programas>Accesoria>Gravadora de sons) e só capturábame a entrada do micrófono. Pero eu pretendía capturar o son da tarxeta de audio, xa fose dende o programa Audacity ou dende a opción que me da o camtasia, por exemplo. 
Buscando un pouco por internet dei coa orixe do problema: en Inicio/Configuración/Panel de Control/Son, na pestana de Gravar tan só se mostraba o micro (FrontMic).




 Non se mostraba a tarxeta de audio.
Pero pulsando co botón dereito sobre o micro ou a táboa que mostra os dispositivos que hai que gravar, e marcando no desdobrable Mostrar dispositivos deshabilitados, amosábanse xa todos.




 Abondaba entón pulsar a tarxeta de audio co dereito e marcar ‘Habilitar’.




Agora, ao activar a gravadora de sons Media stéreo podía xa gravar o audio da tarxeta.

Así de era de doado!

Aloxamentos multimedia para a web 2.0

Tanto en blogger como noutras páxinas é preciso almacear os nosos contidos multimedia. Aquí se ofrecen solucións dos sitios máis importantes conxuntamente cos links:

Audacity. Pra grabar voz, sonidos, editar unha pista de audio en mp3 o wav....




Audacity é unha ferramenta de opensource e libre. Isto é, gratuita e que pode ser mellorable por quen queira.
Será este software. unha ferramenta indispensabel para o noso proxecto xa que nos permitirá grabar as preguntas en audio e logo adicionalas ás fotos para que falen. É relativamente sinxelo de empregar.
O podes descargar dende o enlace:
Descarga Audacity

TITORIAL AUDACITY.
O titorial ten unha calidade de vídeo moi boa, pero o audio soa moi baixiño, polo que terás que darlle ao volume ao máximo.
Recoméndote que baixes o arquivo orixinal dende este enlace:
http://www.megaupload.com/?d=P1L0F85P


Videotutorial Audacity from Xacobo de Toro on Vimeo.

Se precisárades unha información máis polo miudo, aquí deixo este titorial que está moi ben e suficientemente ilustrado para poder poñerse a traballar rapidamente.
Guia Audacity