Aquí tedes un vídeotitorial sobre Slideshare, para subir, compartir e descargar presentacións en liña. Poderedes logo velas dende a páxina moodle, blogue, páxina web..etc. As presentacións en liña son moi cómodas para os que vos estedes iniciando no mundo TIC, para buscar e descargar presentaciós xa elaboradas por compañeiros de calquera parte do mundo que nos valgan para as nosas sesións na aula.
Se algo esta feito e ben... por que non empregalo?? ...ou simplemente modificar algunhas cousas que nos interesan para puntualizar algo??
Adentrádevos no abraiante mundo de COMPARTIR e AUNAMOS ESFORZOS.
Que o queredes máis paso a paso? NO PROBLEM!!
Aquí o tedes nun titorial subido precisamente a Slideshare:
Acabo de descubrir un plugin gratuíto para power point que é xenial. Trátase dun plugin que se instala e se inserta na nosa barra de power point, no paratado de "insertar", dándonos a opción de insertar unha ruta html. Dese xeito, poderemos ver no noso power point e a tempo real, unha páxina web... unha animación flash...etc Do resto se encarga a aplicación, así de sinxelo e doado....
Para poder descargalo tedes que acceder a páxina de descarga dende o link que vos dispoño a continuación, fixádevos que tedes que seleccionar a vosa edición de Office Power Point: http://skp.mvps.org/liveweb.htm
Dende o meu punto de vista, wordpress é bastante máis lioso ca blogger. Ando a facer cos alumn@s, uns blogs con Wordpress na certame educarede, e non dábamos insertado un vídeo dende youtuba. Ao final descubrín como había que facer e aquí deixo un minititorial dos pasos a seguir:
1) Primeiramente, hai que activar os plugins (Resulta que non veñen activados por defecto), tal e como amoso na imaxe:
Slideshare é un servizo gratuíto que nos permite subir arquivos de ata 20 MB de espazo das nosas presentacións, engadíndolles o seu nome, descrición e etiquetas.
Unha vez subida e procesada, convérteas en formato flash. A partir de aquí xa a temos dispoñible a través dunha dirección web pública, e podémola ver a través desa url en tamaño normal ou completo. Tamén nos permite compartila a través de correo electrónico ou metelo co seu propio reprodutor na nosa páxina web ou blog. Ten opcións para elexir o grao de privacidade.