Mostrando entradas con la etiqueta Youtube. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Youtube. Mostrar todas las entradas

Difuminar ou pixelar caras en youtube

Os que traballamos co vídeo como ferramenta educativa, estamos de noraboa. Youtube hai pouco engadiu  (xullo do 2012) unha ferramenta á edición dos vídeos subidos a súa plataforma chamada "desenfocar as caras". Deste xeito podemos desenfocar ou difuminar as caras de aqueles alumnos que desexen gardar anonimato nos nosos traballos escolares. Aquí déixovos un exemplo no que podemos ver un vídeo subido á miña canle no que á esquerda vemos o vídeo sen filtro e a dereita co filtro de difuminado. Como podemos apreciar, funciona estupendamente. Por suposto, dá o mesmo que o/s noso/s suxeito/s se movan, o filtro plaícase alí onde detecte unha cara.

Facendo Vídeos interactivos con Youtube. Aprendendo a usar "Anotaciones"


1. Abre unha conta en Google ou Youtube.

Fai unha conta en Youtube, se é que non a fixeches xa.
Lembra que agora é unha conta Google que te vale para o resto dos servizos que ofrece.

2. Como descargo un vídeo?.

Existen moitos xeitos. Un doado e rápido é empregando un complemento para o navegador Modzilla Firefox chamado Video Dowload Helper.
Unha vez instalado, sobre o vídeo e na barra do navegador aparecerá una icona cadrada con tres pelotiñas de cor gris que se tornaran de cores cando existe un vídeo que se pode descargar:
Se non te aclaras, podes visualizalo desde aquí:


3. Como subo un vídeo a youtube?. 


Podes escoller a opción webcam, para subir directamente o vídeo desde o teu terminal e logo facerlle pequenas edicións desde o apartado Edición que ofrece YouTube ou subir vídeos que teñas descargado (co permiso do autor ou polo tipo de licenza CC) ou editado tí mesmo.
Senón sabes. Axúdate aquí:

 4 . As anotacións en Youtube. Exemplos educativos


As anotacións son o caso que nos ocupa neste pequeno obradoiro. Ten un montón de posibilidades. Vexamos algunhas: 

·        1.Deseñar un cuestionario con distintas opcións e explicacións a propósito de cada unha. Un exemplo pode ser o dun vídeo que aporta unha explicación e ao final formúlase unha pregunta de importancia para a comprensión do mesmo. Sobre o vídeo danse opcións: unha delas permite avanzar e ver o seguinte vídeo, as tres restantes son falsas e volven ao mesmo vídeo, pero no preciso intre onde se fai a explicación.

·        2.No obradoiro empregaremos unha das charlas de educaBarrié como conferencia virtual, facendo anotacións sobre os puntos que máis nos interesan e incluíndo preguntas e pausas para contestar en común durante a proxección. Ex:
 


·        3.Deseñar unha historia con distintos desenvolvementos, que poidan ser elixidos polo espectador. Este é o caso do vídeo de arriba.

4. Deseñar un itinerario para saltar de vídeo en vídeo segundo os intereses do alumno e do profesor. Isto poderémolo ver por exemplo coas entrevistas de economía do Instituto de Estudios Económicos de Galicia Pedro Barrié de la Maza

5       5.Integrar explicacións e suxerencias no traballo grupal dos alumnos para orientalos no proceso .

·         6. Destacar áreas nas que aparezan comentarios  salientables cando pasemos o cursor por enriba.

·         7.Inserir textos humorísticos como elemento motivador dentro dos vídeos.

8. Coas anotacións, o profesor sempre que soba un vídeo pode destacar ou resaltar, pausar por un intervalo de tempo, engadir cuestións ou mesmo facer anotacións sobre o vídeo no momento en que se produce un feito relevante que quere salientar ou preguntar. Ex:

5. As anotacións en Youtube. Vídeotitorial



6. Queres saber máis de YouTube??. 

Aquí tes a miña lista de reprodución con pequenos vídeotitoriais


Youtube. Titorial completo

Youtube é un portal para colgar vídeos, pero tamén permítenos crear as nosa listas de reprodución a partir dos nosos vídeos ou dos que subiron outros usuarios, engadir anotacións ou subtítulos, editalos...etc. Aquí déixovos o vídeotitorial que fixen. Está moi completo e por capítulos podedes ir vendo todas as posibilidades que poderedes aplicar na aula.