1. Abre unha conta en Google ou Youtube.
Fai unha conta en Youtube, se é que non a fixeches xa.Lembra que agora é unha conta Google que te vale para o resto dos servizos que ofrece.
2. Como descargo un vídeo?.
Existen moitos xeitos. Un doado e rápido é empregando un
complemento para o navegador Modzilla Firefox chamado Video
Dowload Helper.
Unha vez instalado, sobre o vídeo e na barra do navegador aparecerá
una icona cadrada con tres pelotiñas de cor gris que se tornaran de cores cando
existe un vídeo que se pode descargar:
Se non te aclaras, podes visualizalo desde aquí:3. Como subo un vídeo a youtube?.
Podes escoller a opción webcam, para subir directamente o
vídeo desde o teu terminal e logo facerlle pequenas edicións desde o apartado
Edición que ofrece YouTube ou subir vídeos que teñas descargado (co permiso do
autor ou polo tipo de licenza CC) ou editado tí mesmo.
Senón sabes. Axúdate aquí:
4 . As anotacións en Youtube. Exemplos educativos
As anotacións son o caso que nos ocupa neste pequeno
obradoiro. Ten un montón de posibilidades. Vexamos algunhas:
· 1.Deseñar un cuestionario con distintas opcións e explicacións a
propósito de cada unha. Un exemplo pode ser o dun vídeo que aporta unha
explicación e ao final formúlase unha pregunta de importancia para a
comprensión do mesmo. Sobre o vídeo danse opcións: unha delas permite avanzar e
ver o seguinte vídeo, as tres restantes son falsas e volven ao mesmo vídeo,
pero no preciso intre onde se fai a explicación.
· 2.No obradoiro empregaremos unha das charlas de educaBarrié
como conferencia virtual, facendo anotacións sobre os puntos que máis nos
interesan e incluíndo preguntas e pausas para contestar en común durante a
proxección. Ex:
· 3.Deseñar unha historia con
distintos desenvolvementos, que poidan ser elixidos polo espectador. Este é o caso do vídeo de arriba.
5 5.Integrar explicacións e suxerencias no traballo grupal dos
alumnos para orientalos no proceso .
·
6. Destacar
áreas nas que aparezan comentarios
salientables cando pasemos o cursor por enriba.
· 7.Inserir
textos humorísticos como elemento motivador dentro dos vídeos.
8. Coas anotacións, o profesor sempre que soba
un vídeo pode destacar ou resaltar, pausar por un intervalo de tempo, engadir
cuestións ou mesmo facer
anotacións sobre o vídeo no momento en que se produce un feito relevante que
quere salientar ou preguntar. Ex:
1 comentario:
Xenial!Parabéns Xacobe. Creo que o Ponte dos Brozos ten que ficharte! Mágoa que só sexa de primaria!!!
Publicar un comentario