Somos moitos os profesores e blogueiros que empregamos imaxes para ilustrar as nosas presentacións dixitais e os nosos post.
Isto está xenial pois axuda ao lector a centrar gráficamente a atención sobre o que falamos, pero... ollo! non todo o que atopamos na rede é gratuíto. Moitas fotos teñen un autor e non deberíamos empregar as súas obras sen consentimento expreso. De non facer isto, incluso poderíamos incurrir nun delito en contra dos dereitos de autor. Ademáis de que os que traballamos na profesión de educación igual que citamos un libro ou un autor, debéramolo facer tamén coas imaxes que empregamos (ou calquera outro recurso audiovisual)
Tranquilo!, que non che entren os suores fríos.... hoxe en día existen varias páxinas nas que podemos conseguir doadamente imaxes de libre distribución de xeito totalmente gratuíto. (Aínda que en moitos casos tamén debamos citar ao seu autor)
A continuación tedes unha recompilación dos mellores sitios de imaxes libres gratuítas na rede.
Stock.xchng seguramente sexa o sitio onde máis imaxes de libre distribución podamos conseguir, é a miudo atoparás o que buscas.
Free Stock Photography é outro bo sitio onde atopar imaxes empregando o motor de procura ou a través das categorías nas que están organizadas.
Open Stock Photography ofrece grandes posibilidades. Entre as súas opcións está a procura por cores. (cousa que tamén fai google images)
Photogen é outro gran sitio onde poderás atopar o que buscas e incluso puntuar e comentar cada unha das imaxes.
Undprofound tamén dispón dun buscador de imaxes por cores e dun buscado.
Free Photos Bank ofrece a opción de descargar as imaxes comprimidas nun arquivo Zip.
FreePixels ten imaxes de gran calidade ás que poderemos acceder de xeito moi sinxelas tanto por categorías, etiquetas ou polo motor de procura.
Everystockphoto ten a opción de poder ver a licenza de cada unha das imaxes facendo un simple click.
Stockvault non ten necesidade de rexistrarnose ten unha gran cantidade de imaxes de calidade.
Flickr .Algúns dos usuarios de Flickr soben as súas obras baixo unha licenza de Creative Commons. Pero bota un ollo ao tipo de licenza antes de empregala de calquera xeito...
Dende a páxina de Creative commons podemos buscar as imaxes cosn este tipo de licenza que se atopan aloxadas en Google images e en flickr.
No ITE do Ministerio de educación tamén podemos empregar o Banco de recursos para imaxes e sons. Abrindo unha conta, podemos colaborar co banco aportando as nosas imaxes e audio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario