Extraer as imaxes dun documento de texto

Unha amiga comentoume un problema. Non sabía onde estaban as fotos orixinais dun texto, xa que as tiña desperdigadas por carpetas diferentes do seu disco duro e precisaba recuperar as imaxes. O texto tiña demasiadas imaxes como para facelo unha a unha e non sabía como extraer as imaxes dun documento de texto....pero como podemos extraelas? Nunca o pensara nunca, pois non se me dera a situación antes. Como comentaba unha solución, se son pouca é unha por unha, copiando e pegando nun editor de imaxes e gardándoas...pero leva tempo. Porén.... hai unha solución sinxela á vez que orixinal: gardar o arquivo como páxina web. Desta forma créase un cartafol que contén todas as imaxes numeradas en orde de aparición, no seu formato e calidade orixinal. Toma xa! o truco do almendruco do día!. Aquí tedes un vídeo titorial, por se acaso aínda non o vedes:

Entornos persoais de aprendizaxe

Aqí deixo unha presentación sobre este concepto que o explica moi ben, e para que divagar eu...?

Imaxes de libre distribución

Somos moitos os profesores e blogueiros que empregamos imaxes para ilustrar as nosas presentacións dixitais e os nosos post.
Isto está xenial pois axuda ao lector a centrar gráficamente a atención sobre o que falamos, pero... ollo! non todo o que atopamos na rede é gratuíto. Moitas fotos teñen un autor e non deberíamos empregar as súas obras sen consentimento expreso. De non facer isto, incluso poderíamos incurrir nun delito en contra dos dereitos de autor. Ademáis de que os que traballamos na profesión de educación igual que citamos un libro ou un autor, debéramolo facer tamén coas imaxes que empregamos (ou calquera outro recurso audiovisual)
Tranquilo!, que non che entren os suores fríos.... hoxe en día existen varias páxinas nas que podemos conseguir doadamente imaxes de libre distribución de xeito totalmente gratuíto. (Aínda que en moitos casos tamén debamos citar ao seu autor)
A continuación tedes unha recompilación dos mellores sitios de imaxes libres gratuítas na rede.

Imágenes libres - stock.xchngStock.xchng seguramente sexa o sitio onde máis imaxes de libre distribución podamos conseguir, é a miudo atoparás o que buscas.

Imágenes libres - Free Stock PhotographyFree Stock Photography é outro bo sitio onde atopar imaxes empregando o motor de procura ou a través das categorías nas que están organizadas.

Imágenes libres - Open Stock PhotographyOpen Stock Photography ofrece grandes posibilidades. Entre as súas opcións está a procura por cores. (cousa que tamén fai google images)

Imágenes libres - PhotogenPhotogen é outro gran sitio onde poderás atopar o que buscas e incluso puntuar e comentar cada unha das imaxes.

Imágenes libres - undprofoundUndprofound tamén dispón dun buscador de imaxes por cores e dun buscado.

Imágenes libres - Free Photos BankFree Photos Bank ofrece a opción de descargar as imaxes comprimidas nun arquivo Zip.

Imágenes libres - FreePixelsFreePixels ten imaxes de gran calidade ás que poderemos acceder de xeito moi sinxelas tanto por categorías, etiquetas ou polo motor de procura.

Imágenes libres - everystockphotoEverystockphoto ten a opción de poder ver a licenza de cada unha das imaxes facendo un simple click.

Imágenes libres - StockvaultStockvault non ten  necesidade de rexistrarnose ten unha gran cantidade de imaxes de calidade.


Imágenes libres - Flickr Creative Commons
Flickr .Algúns dos usuarios de Flickr soben as súas obras baixo unha licenza de Creative Commons. Pero bota un ollo ao tipo de licenza antes de empregala de calquera xeito...


Dende a páxina de Creative commons podemos buscar as imaxes cosn este tipo de licenza que se atopan aloxadas en Google images e en flickr.






article thumbnail



No ITE do Ministerio de educación tamén podemos empregar o Banco de recursos para imaxes e  sons. Abrindo unha conta, podemos colaborar co banco aportando as nosas imaxes e audio.



Youtube. Titorial completo

Youtube é un portal para colgar vídeos, pero tamén permítenos crear as nosa listas de reprodución a partir dos nosos vídeos ou dos que subiron outros usuarios, engadir anotacións ou subtítulos, editalos...etc. Aquí déixovos o vídeotitorial que fixen. Está moi completo e por capítulos podedes ir vendo todas as posibilidades que poderedes aplicar na aula.

Dotsub


Dotsub  é unha ferramenta 2.0 que che permitirá a ti e ao resto dos usuarios compartir vídeos por internet.
A gran diferencia con youtube é que permite subtitular todos os teus vídeos favoritos pois ten unha ferramenta de creación de subtítulos moi doada (youtube te ermite engadir subtítulos, pero non crealos). Ademáis poden ser subidos polo mesmo ou outros usuarios distintos , e compartir os teus vídeos subtitulados con todo o mundo
Tamén che permite subtitular os vídeos en calquera idioma, e mesmo varios idiomas nun mesmo vídeo podendo chegar a acumular un vídeo 70 idiomas diferentes (teóricamente). Así podemos compartir vídeos con persoas de todos os lugares do mundo, independentemente do idioma que falen.
Podes engadir ao teu perfil os vídeos que prefiras, e así ter a túa propia colección de vídeos. Os vídeos subidos polos usuarios pódense clasificar por xéneros, o que permite unha mellor localización deste. Tamén contanse as visitas que recibe cada vídeo, o que te axuda a elixir, gozar e mesmo subtitular os máis visitados. Esta ferramenta está destinada principalmente a persoas con minusvalidez auditiva ou con problemas de audición, pero penso que é unha ferramenta incalculable para a educación ao poder traballar os idiomas ou salvar a barreira idiomática da información.