Actividades III Congreso Software libre



 

Actividades con Youtube:
1. Abrir conta en Youtube
2. Subir os dous vídeos que están no enlace:
3. Facer listas de reprodución sobre dous temas
4. Engadir anotacións sobre os vídeos subidos
5. Probar outras ferramentas de edición: música, difuminado caras...

Actividades Pop Corn Maker
  1. Mirar este exemplo sobre Luis Iglesias, feito a partir de contidos de educaBarrié.
  2. Ir a pop corn maker e facerse unha conta. https://popcorn.webmaker.org
  3. Desde https://popcorn.webmaker.org/es/editor/
  4. Coller 2 vídeos de educaBarrie e enriquecelo con eventos.
    1. https://www.youtube.com/playlist?list=PLK-cRIKK-GvU-uL7RZ80ImE7ZtfH6aA1n
  5. Poñer as 2 pistas unha tras outra e recorta as intros e os tramos finais.

Cursiño do emprego do vídeo na Aula. Viana do Bolo

Ola amigos!
Aquí vos deixo o material para que poidades traballar os contidos impartidos na clase.

LINK a titoriais e exercicios.


Vémonos axiña!


Difuminar ou pixelar caras en youtube

Os que traballamos co vídeo como ferramenta educativa, estamos de noraboa. Youtube hai pouco engadiu  (xullo do 2012) unha ferramenta á edición dos vídeos subidos a súa plataforma chamada "desenfocar as caras". Deste xeito podemos desenfocar ou difuminar as caras de aqueles alumnos que desexen gardar anonimato nos nosos traballos escolares. Aquí déixovos un exemplo no que podemos ver un vídeo subido á miña canle no que á esquerda vemos o vídeo sen filtro e a dereita co filtro de difuminado. Como podemos apreciar, funciona estupendamente. Por suposto, dá o mesmo que o/s noso/s suxeito/s se movan, o filtro plaícase alí onde detecte unha cara.

Como eliminar babylon search en firefox

Desde hai uns días tiña na barra do buscador o babylon metido, o cal era un auténtico rollo, xa que se instalou sen que eu me enterase.
Aínda que desinstalara a barra desde o panel de control sacando o programa, cada vez que facía unha busca, aparecíame a procura a través do seu motor de busca.
Hoxe atopei como sacalo desde o link que vos deixo. Moi recomendable!
http://www.bloogie.es/tecnologia/internet/119-como-eliminar-babylon-search-en-firefox

Como eliminar babylon search en firefox