Busca intelixente de imaxes con Google imaxes

Google imaxes é un potente buscador de imaxes que se atopan na rede. No verán do 2010 houbo unha mellora nas súa ferramentas de busca para predefinir o tipo de imaxes que estánse a buscar. Déixovos un pequeno vídeotitorial para que olledes as súas posibilidades:

Smart Notebook 10. O software do encerado dixital das AUlas abalar


Smart Notebook é o software que temos nos encerados dicitais das Aulas Abalar do 2010/11 . É un software moi completo que nos permite un montón de cousas, dende pintar e debuxar sobre el, a facer exercicios flash de diferente tipo interactivos.







Unha pequena reportaxesobre o encerado dixital:


O vídeotitorial que fixemos hai un par de anos no noso grupo de traballo sobre o Smart. Ven todo o que expliquei o outro día e moito máis:

Slideshare: subir, compartir e descargar presentacións e slidecast

Aquí tedes un vídeotitorial sobre Slideshare, para subir, compartir e descargar presentacións en liña. Poderedes logo velas dende a páxina moodle, blogue, páxina web..etc. As presentacións en liña son moi cómodas para os que vos estedes iniciando no mundo TIC, para buscar e descargar presentaciós xa elaboradas por compañeiros de calquera parte do mundo que nos valgan para as nosas sesións na aula.
Se algo esta feito e ben... por que non empregalo?? ...ou simplemente modificar algunhas cousas que nos interesan para puntualizar algo??
Adentrádevos no abraiante mundo de COMPARTIR e AUNAMOS ESFORZOS.




Que o queredes máis paso a paso? NO PROBLEM!!
Aquí o tedes nun titorial subido precisamente a Slideshare:

Actividades con Hot Potatoes e Ardora

Existen unha serie de programas que nos permiten facer acividades de tipo encrucillado, test, asociar imaxe- texto, texto-texto..etc. Un dos máis clásicos e que séguese usando é Hot potatoes: descargao dende aquí e o outro máis recente e inluso máis intuitivo é Ardora: descárgao dende aquí.
Ardora ten máis tipos de actividades diferentes, pero penso que é peor para avaliar e ter unh nota. Hot potatoes ten menos exrcicios pero é doado obter unha calificación cando os nenos fan os exercicios. XA falaremos diso na clase.




Os vídeotitoriais:
Hot potatoes:








Ardora:

Tiching

Tiching é unha plataforma web que permite atopar de forma rápida e sinxela todos os contidos dixitais educativos que existen en Internet, adaptados ás necesidades de cada profesor/a ou estudante.
Comezará a funcionar o día 21 de febreiro por invitación que solicitaredes na páxina web.