Extraer as imaxes dun documento de texto

Unha amiga comentoume un problema. Non sabía onde estaban as fotos orixinais dun texto, xa que as tiña desperdigadas por carpetas diferentes do seu disco duro e precisaba recuperar as imaxes. O texto tiña demasiadas imaxes como para facelo unha a unha e non sabía como extraer as imaxes dun documento de texto....pero como podemos extraelas? Nunca o pensara nunca, pois non se me dera a situación antes. Como comentaba unha solución, se son pouca é unha por unha, copiando e pegando nun editor de imaxes e gardándoas...pero leva tempo. Porén.... hai unha solución sinxela á vez que orixinal: gardar o arquivo como páxina web. Desta forma créase un cartafol que contén todas as imaxes numeradas en orde de aparición, no seu formato e calidade orixinal. Toma xa! o truco do almendruco do día!. Aquí tedes un vídeo titorial, por se acaso aínda non o vedes:

1 comentario:

Bcodesal dijo...

Xenial, Grazas Xacobe!! Foime de moita axuda!!
Saúdos