A idea que eu traballei na aula é que teñen que deseñar unha tira de banda deseñada dun tema que sexa do seu interese a partir de fotos que saque o alumnado ás que teñen que poñer diálogos e texto en off de narrador.
Hoxe en día, tódolos rapaces teñen móbil con cámara, así que non será moito problema e por fin fan un uso didáctico e guiado con él. Se se poidera plantexar o taller con cámaras de fotos réflex ou compacta, ben do instituto ou dos alumn@s, mellor que mellor.
Para o material de fotografía deseñei unhas presentacións chusquiñas con fotos miñas, nas que combinei a banda deseñada co cómic, xa que encadres, ángulos..etc poden traballarse de igual xeito námbalas disciplinas artísticas:
Para convertir as fotos a cómic empreguei Comic Lyfe. Gratuíto durante 30 días. tempo máis que suficiente para que convirtan e enmaqueten as fotos unha vez teñan deseñado un storyboard, textos e seleccionado imaxes. Se o departamento está de boas, podedes pedir unha licencia, que tampouco é excesivamente caro.

Algún exemplos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario